O Celta disputou a xornada 22 no estadio de Mendizorroza contra o Deportivo Alavés no serán do sábado 3 de febreiro, coincidindo co feriado vigués do San Bráis na parroquia de Bembrive.
Nunha xélida tarde con temperaturas moi baixas e ameaza de neve o Celta caíu derrotado por 2-1 nun encontro no que estivo arroupado por varios centenares de siareiros galegos desprazados ata Gasteiz entre os que tamén se atopaban menbros do Colectivo NÓS das bisbarras do Salnés e o Deza.