Nesta nova tempada estreamos novos deseños de adhesivos do Colectivo NÓS. Xa temos a primeira remesa deles confeccionados en vinilo e deseñados polo noso amigo Cibrán González.

Son 6 deseños en total inspirados en inconos do galeguismo e históricos do Celta como a versión da caveira que ilustra o libro ‘Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete’ de Castelao, ou o que contén a imaxe dos 3 fundadores do clube, Manuel de Castro, Pepe Bar e Juan Baliño Ledo.

Para facerse cun xogo dos adhesivos, os socios do Colectivo NÓS poden recollelos de balde nas previas de cada partido, e por 1 euro os non socios. Tamén contactando cun correo a 1923NOS@gmail.com