A nova bufanda do 2025 xa está aquí!

cartaz bufandas 2025

Sabemos que levabamos coa mesma bufanda dende 2014, e chegou o momento de renovarse. Temos o pracer de anunciar que a NOSA NOVA BUFANDA do 2025 estará dispoñible para a súa compra na celebración do XII Aniversario, o vindeiro venres 11 de outubro.

Esta nova peza, un artigo único e moi agardado, é unha bufanda de verán de dúas caras que se porá á venda por primeira vez ese día. Poderás facerte con ela por un prezo de 6€ se es socio e de 9€ se non o es.

Non perdas esta oportunidade de conseguir a nova bufanda, que marcará o inicio dunha nova etapa.