
Dende o Colectivo Nós manifestamos a nosa profunda consternación e rabia ante a vaga de incendios que está a arrasar o noso país. Unha vez máis, Galiza arde, e con ela, arde o noso patrimonio natural, a nosa economía rural e a nosa seguridade.
Este drama cíclico non é froito do azar. É o resultado da falta de planificación e de xestión forestal axeitada, a despoboación do rural e a eiva dun modelo de país que non pon a Galiza e o seu ecosistema no centro das súas políticas.
Non podemos tolerar que cada ano o noso monte sexa pasto das lapas. A nosa terra non é un monte de eucaliptos para arder. É o noso fogar, a nosa identidade e o noso futuro. É hora de que Galiza deixe de arder.
Vale máis unha terra con árbores nos montes ca un Estado con ouro nos bancos.
Castelao