Unha nova tempada comeza cargada de ilusión e celtismo. No Colectivo NÓS xa estamos preparados para alentar e desfrutar cos nosos no estadio de Balaídos e aló onde viaxen. Unha tempada máis confrontaremos censuras, normas e horarios ridículos por acompañar ao noso Celta, e por defender as nosas cores e identidade.
No Colectivo NÓS acordamos manter a cota de socio en 12 euros para a vindeira tempada 2018-2019. Si xa formas parte do noso colectivo, lembra que podes renovar e pagar a cota de socio/a os días de partido.
Si non eres socio/a pero queres unirte a Nós, envía un correo a 1923NOS@gmail.com ou búscanos nas previas cando xoguemos en Balaídos.