O Colectivo NÓS despedímola tempada 2018-2019 o pasado sábado 25 de maio coa celebración da nosa Asamblea anual e unha posterior cea na cervexaría e restaurante O Gregoriano, onde estivo a desaparecida praia de Coia fronte aos asteleiros de Beiramar, e onde nos xuntamos 30 soci@s nun local reservado completamente para nós e no que fomos novamente fenomenalmente tratados polo seu dono Eduardo. Mágoa por todos os que non poideron vir!
A continuación publicamos unha escolma das imaxes (que se poden amosar) desta gran noite que se prolongou ata o abrente dun domingo electoral onde alomenos 9 soci@s do Colectivo NÓS concurrían en diferentes candidaturas municipais con varios partidos galegos. Aproveitamos esta ocasión e espazo para felicitar polo seu compromiso coa terra a María, Eduardo, Laura, Filipe, Maricruz, Xoan, Lorenzo, Jano e Adrián.