Este pasado sábado 17 de febreiro coincidindo co encontro Celta-Barça en Balaídos vivimos a xornada de reflexión electoral previa aos comicios ao Parlamento Galego do domingo. No Colectivo NÓS pronunciámonos de forma pública en días anteriores polas diferentes opcións políticas 100% galeguistas e demos ánimo e forza polos moitos dos nosos compañeiros socias/os que participaban e traballaban na campaña electoral.
Do mesmo xeito, en colaboración con outras 8 peñas e colectivos celtistas da bancada de animación promovemos e difundimos a iniciativa de encher as bancadas de Balaídos de bandeiras galegas, e fixemos chamamento aos nosos compañeiros e resto de celtismo a que secundase a proposta e levase bandeiras ao estadio para amosar durante o himno do Centenario no inicio do partido e logo no minuto 18 da segunda metade do encontro ao mesmo tempo que se cantaba a primeira estrofa do himno galego. O resultado podedes velo nas seguintes imaxes proporcionadas polo fotógrafo David Champy.
Posted inGalería de imaxes Novas Portada