Nova visita do celtismo ao estadio de San Mamés para acompañar ao Celta contra o Athletic nun partido convertido tempada tras tempada nun tradicional encontro e irmanamento entre afeccións amigas. Esta tempada o dirixido calendario por Tebas fixou o partido onte no sábado das ferias de Semana Santa ás 16:15 horas, e que aproveitaron moitos celtistas para desprazarse ata Euskadi.
O resultado final cun empate 1-1 deixou un sabor agredoce en tódolos desprazados entre os que se atopaban máis dunha ducia de membros do Colectivo NÓS que viaxaron pola sua conta para alentar ao Celta e desfrutar das terras vascas.