Para facerse socio do Colectivo NÓS hai que compartir o ideario celtista e galeguista, de non ser así, xa existen moitas e variadas peñas e colectivos celtistas aos que pertencer. Tamén é imprescindible ter a maioría de idade. A cota de socio para a tempada 2018-2019 é de 12 euros.

Algunhas das vantaxes que ofrecemos son: viaxes organizadas acompañando ao Celta, agasallos exclusivos para socios, descontos e prezos especiais en material propio e nas viaxes para seguilo equipo, organizamos comidas, ceas e festas, organizamos actividades lúdicas e culturais, e cada socio ten a posibilidade real de participar activamente na xestión e decisión do colectivo dende dentro por medio dun Grupo de Traballo.

Tódolos interesados en facerse socio deberán remitir cuberto e asinado este formulario (PDF) por correo á conta 1923NOS@gmail.com e logo xa nos poremos en contacto.