O agasallo do pasado Nadal. que algúns xa estrearon no ‘noso derbi’ o pasado sábado 23 de decembro cunha vitoria. se cadra resulta ser tamén un amuleto porque na Copa co Barça e na Liga contra o Madrid, os resultados acadados foron moi bos e moitos socios do Colectivo NÓS xa a vestían nas bancadas de Balaídos…

Aquí vos deixamos unhas imaxes da prenda para que a aprecidedes máis en detalle, porque en breve aceptaremos pedidos dela sen necesidade de ser socio do Colectivo NÓS. O prezo é de 30 euros para os nosos socios e de 35 euros para os non socios.