O pasado sábado 23 de decembro o Colectivo NÓS organizamos viaxe para presenciar o ‘noso derbi’ en Riazor e animar ao Celta no encontro contra o Deportivo da Coruña. Nun autobús levamos a varias decenas de socios do noso colectivo máis socios doutras peñas amigas coma Carcamáns, Porcos Celtas e Baixo Miño.

A nosa viaxe principiou ás 12:00 horas dende os aledaños de Balaídos rumbo a Coruña con parada en Caldas de Reis para recoller a 13 menbros de Carcamáns que nos sairían alí ao paso, e unha longa parada na vila de Padrón para xantar e facer previa antes de reunirnos na autoestrada co resto de autobuses que partiran de Vigo.

A nosa escala en Padrón deixou grandes momentos e imaxes polas rúas e terrazas da vila cun arrecendo e sons dunha típica xornada de derbi nunhas horas nas que moitos veciños estaban máis pendentes do hiper mediático encontro entre Madrid e Barcelona que do noso clásico galego.

Xa sen incidentes ingresamos no estadio coruñés onda o resto dos 785 celtistas desprazados e, xunto a eles animamos ao Celta os 90 minutos do encontro sen parar, mais celebramos logo a vitoria antes de abandonar Riazor para regresar directos a Vigo arredor da medianoite.

A continuación compartimos unha galería con algunhs imaxes da viaxe (as que se poden amosar):