Apresentamos as primeiras chaquetas de inverno do Colectivo NÓS. Estas prendas están fabricadas con dobre capa, son resistentes á auga, compostas con tecido cortavento, con tres petos exteriores con cremallera e tiradores, axustadores de velcro nos puños e un axustador elástico no baixo.

Incorpora o escudo do Colectivo NÓS bordado no peito a toda cor e unha composición co escudo do Celta, o ano da fundación do equipo e a bandeira de Galiza serigrafiado nas costas. As chaquetas están dispoñibles en tallas de home, infantiles e de muller cun corte diferente máis cinguido ao corpo. As reservas e pedidos poden realizarse no correo 1923NOS@gmail.com