O Colectivo NÓS celebramos o noso IV Aniversario cunha cea organizada o pasado sábado 14 de outubro no Restaurante Peregrinus de Vigo onde nos xuntamos varias decenas de membros para compartir mesa e desfrutar dunha noite que comezaría para algúns cunha previa na cervexería Pasillo e continuaría máis tarde pola taberna Candela e o bar 986.

Durante a cea realizouse o sorteo de varios agasallos de material do Colectivo e reparto dos novos adhesivos. Logo xa avanzada a madrugada algúns rematarían nun karaoke e outros, por desgraza ollando con medo o lume que xa comezaba a rodear a cidade.

A continuación compartimos pequena unha escolma con imaxes da velada: