RESPECTO, SOMOS ​ ​CELTISTAS ​ ​E ​ ​SOMOS ​ ​PERSOAS

A todo o celtismo en xeral e aos 8.000 socios/as que o domingo quedaron na rúa sen poder entrar en Balaídos é imposible quitarlle esa sensación de rabia e incredulidade. ¿Como se pode chegar a tal punto de despropósito por culpa da nula comunicación entre Celta e Concello? ¿Como a mal chamada mellor liga do mundo non permite adiar un partido cando hai tal cantidade de xente afectada? ¿Xogaríase o encontro se isto sucede no Bernabeu ou no Nou Camp? Todos estes despropósitos acábanos ​ ​pagando ​ ​os ​ ​que ​ ​ningunha ​ ​culpa ​ ​teñen:​ ​os ​ ​seareiros ​ ​e ​ ​seareiras.

En varias ocasións o Celta foi centro de críticas pola nosa parte por non facer as cousas correctas, erros na comunicación ou pola falla de empatía coa afección en diversos temas no que seguramente hai marxe de mellora. Mais nesta ocasión, desde o Concello de Vigo atárono de pés e mans sen marxe de manobra podendo só criticarlle a carencia de información no comunicado inicial das compensacións que se ían retornar aos afectados/as polo peche da bancada de Río, xa que non esquezamos, é a empresa que ofrece o espectáculo que o abonado/a contrata có pago do abono a principios de tempada e ao que este/a lle ten que pedir responsabilidades. Entendemos que coa devolución dos cartos o Celta actúa en consecuencia e correctamente.

Facendo unha análise cunha visión máis ampla e cotexando toda información e a cronoloxía do acontecido, entendemos que é o Concello o maior, que non o único, causante deste esperpento. Ninguén vai criticar que garantir a seguridade das persoas é o primeiro . De feito a afección é a cidadanía en xeral pregúntase se no partido anterior có Girona non houbo risco para os seareiros da bancada de Río, xa que esas deficiencias existían. ¿Quen sería o responsable no caso de suceder unha desgraza? Mais baixo o paraugas da seguridade ou da irresponsabilidade da empresa contratada non pode agocharse o Concello para xustificar a mala fe na súa actuación có Celta, ou a ineptitude para contratar e supervisar a obra. Hai días que públicamente sabíase que retirarían a cuberta da bancada polas deficiencias atopadas, e enfrontan aos socios/as có clube notificando o peche a última hora sabendo que é o clube o que ten que ​ ​atender ​ ​ás ​ ​demandas ​ ​dos ​ ​afectados/as ​ ​sen ​ ​tempo ​ ​material ​ ​para ​ ​facelo. 

A secuencia deste domingo é unha máis da tétrica película que levamos vivindo os e as Celtistas coa obra de Balaídos nos últimos anos, con farois e incumprimento sistemático dos prazos dende o Concello e Deputación no que por un lado, Abel Caballero fala de “obra faraónica, Guggenheim do fútbol ou Balaídos vai ser o mellor estadio do mundo” e pola outra, o Celta recalca tódalas deficiencias existentes e palabras ​ ​ao ​ ​vento ​ ​da ​ ​Administración.

Os celtistas estamos fartos , cansos de tantas mentiras e alburgadas. Non somos bonecos manexables nin do Concello nin do Celta. Somos Celtistas que amamos unhas cores. Celtistas que tan só queremos ir a un Balaidos seguro, gozando orgullosos do noso equipo, e non ter que quedar na rúa como este domingo pola ineptitude ou presións políticas dalgúns. Celtistas que reclaman un arranxo na relación Celta – Concello. Celtistas que desexan que a bancada de Río esté operativa para o partido do Athletic, ou de non ser posible exista comunicación con antelación para que ​ ​o ​ ​clube ​ ​poida ​ ​actuar ​ ​en ​ ​consecuencia ​ ​e ​ ​atender ​ ​aos ​ ​afectados ​ ​e ​ ​afectadas.

Non queremos verborrea populista nin queremos o mellor estadio do mundo. Como brincadeira xa está ben. Tan só pedimos RESPECTO porque somos celtistas e somo ​ ​persoas.

¡¡ALA ​ ​CELTA!!


Asinan ​ ​este ​ ​comunicado ​ ​as ​ ​seguintes ​ ​peñas ​ ​e ​ ​colectivos:

CARCAMANS ​ ​CELESTES
CENTOLOS
​ ​CELESTES
COLECTIVO
​ ​NÓS
FDS
IRMANDIÑOS
​ ​1923
PEÑA
​ ​BURGALEGOS ​ ​CELESTES
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​A ​ ​MAO ​ ​NEGRA
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​ALCOYANA ​ ​OSCAR ​ ​PRIETO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​ALENTO ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​ALLARIZ ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​ALVELO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​ARRIBADA ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​BOINAS ​ ​CELESTES
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​BRENGA ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​BUEU ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​CASTRÓNS ​ ​1923
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​CELTAS ​ ​DO ​ ​VERDUGO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​CELTILIKOS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​CIGARRÓN ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​CONDADO ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DE ​ ​ARBO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DE ​ ​GINEBRA
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DE ​ ​MALLORCA
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DE ​ ​PONTEAREAS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DE ​ ​PORTO ​ ​DO ​ ​SON
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DE ​ ​SARRIA
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DO ​ ​MILLADOIRO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DO ​ ​RIBEIRO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​DOCTOR ​ ​COTA
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​FERNANDO ​ ​VAZQUEZ
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​GUDELJ ​ ​​ ​VIGO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​HORDAS ​ ​CELESTES
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​IAGO ​ ​ASPAS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​JORGE ​ ​OTERO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​LE-CHUZAS ​ ​CELESTES
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​LENDA ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​LEXIÓN ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​LÍO ​ ​EN ​ ​RÍO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​LONDON ​ ​CELTAS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​MERLEGOS ​ ​CELESTES
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​MI ​ ​BENDITA ​ ​CONDENA
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​NATXO ​ ​INSA
PEÑA ​ ​CELTISTA ​ ​O ​ ​BARCO ​ ​DE ​ ​VALDEORRAS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​OS ​ ​DO ​ ​BANCO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​OS ​ ​TABERNICOLAS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​OS ​ ​VIADUCTOS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​OS ​ ​ZOQUEIROS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​PREFERENCIA ​ ​CELESTE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​RAMALLOSA-CANIDO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​RIKITRÍ
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​SEMPRE ​ ​CO ​ ​CELTA
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​SEMPRE ​ ​PAHIÑO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​SIAREIROS ​ ​DEZAOS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​SIAREIROS.NET
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​SOBRAN ​ ​OS ​ ​MOTIVOS
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​TEIXUGOS ​ ​CELESTES
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​TERMAS ​ ​CELESTES ​ ​OURENSE
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​VILAGARCÍA ​ ​DANI ​ ​ABALO
PEÑA
​ ​CELTISTA ​ ​VIVEIRO ​ ​CELESTE
SECCIÓN
​ ​LAMPARÓN
ZERU-URDIN