O Colectivo NÓS, por acordo adoptado na Asamblea Xeral celebrada hoxe no auditorio de Castrelos, adhírese e asina xunto con outras 40 peñas celtistas o seguinte comunicado criticando as condicións para formar parte da nova grada de animación promovida polo Celta co nome ‘Grada 1923’. Baixo o título de “Embarcados nunha nova decepción” as peñas asinante lamentamos que o Celta impuxera de forma unilateral as condicións para acceder a esa grada rexeitando o diálogo e as nosa propostas presentadas nunha reunión hai 1 semana, polo que rexeitamos participar na Grada 1923 e animamos ao resto de peñas e afecionados a facer o mesmo.