O pasado 15 de xaneiro o Celta enfrontouse contra o Alavés ás 16:15 horas no vello Balaídos nunha soleada tarde de domingo. O partido rematou cunha vitoria por 1-0 nun xogo moi trabado e sufrido durante boa parte dos 90 minutos. O resultado favorable proporcionóunos folgos abondo para encarar a volta da eliminatoria de Copa contra o Real Madrid, tamén na nosa casa.

Co equipo vitoriano viñeron un par de autobuses de afeccionados que compartiron a previa sen incidentes nos bares fronte ao estadio. Algúns dos socios do Colectivo NÓS aproveitaron a ocasión para intercambiar bufandas e tirar unhas fotos.