O vindeiro venres 11 de novembro o Colectivo NÓS celebramos o noso III Aniversario coma colectivo celtista e galeguista. Pasaron xa 3 anos dende que o 16 de setembro de 2013 nunha asamblea no Parque de Castrelos asentáramos os alicerces deste proxecto colectivo.

Para celebralo organizamos unha festa e concerto no local O Trilobite Laranxa (antigo Marexada) na rúa Teófilo Llorente 43 do casco vello de Vigo. Esta comezará ás 22:00 horas e nela actuarán Acaracán dende Marín e os Rasca & Pica dende Vigo, dous proxectos musicáis galegos diferentes pero co nexo común da sua posta en escena acústica.

Durante a festa haberá tempo para recitar uns poemas e para celebrar un sorteo de material entre tódolos asistentes, como unha camisola oficial asinada polos xogadores do Celta, un pack de Cervexa Artesanal Nós, etc.

O prezo das entradas é de só 3 euros cunha consumición incluída que se poden mercar na porta o propio día.

Agardámosvos a todos!