O pasado venres 20 de maio ás 20:30 horas regresou despóis de 8 anos a Selección Galega de forma oficial aos terreos de xogo para desputar un encontro amigable contra a selección de Venezuela no estadio de Riazor. O Colectivo NÓS estivemos presentes esa noite na Coruña para alentar á nosa ‘irmandiña’ e celebrar o seu regreso vetado durante moitos anos polo goberno do país en máns do Partido Popular.

Montamos un autobús con saída dende a Casa das Palabras, en Vigo, ás 17:00 horas para acudir primeiro á manifestación nacional convocada ás 19:00 horas por Siareir@s Galeg@s reclamando a oficialidade das nosas seleccións galegas, e mais tarde presenciar e animar á nosa selección no partido contra os ‘viñotinto’ dende a bancada de Pabellón Inferior no estadio herculino de Riazor.

Regresamos da Coruña na medianoite, non sen algún incidente de tráfico por mor do despiste do conductor que nos meteu de forma sorpresiva polo medio da Praza de María Pita. Polo demáis, fantástica noite na cidade ártabra cun resultado no plano deportivo de empate nos derradeiros instantes do partido, pero que deixou unha moi boa imaxe do nivel da nosa equipa que pouco ten que envexar de calquera outra conxunto nacional.