Na tarde do pasado sábado 23 de abril o Colectivo NÓS participamos cun equipo na V Olimpiada do Campo que organizou o Colectivo Malaherba de Matamá (Vigo) dentro do programa da Festa da Sementeira 2016. Na leira de Matamá habilitada como recinto das probas enterraron os seus pés os nosos socios Roberto Costas, Noelia Mayán, Sara Sumay, Fernando Aranda, Rodrigo Vaamonde e Marta Piñeiro. O resultado da sua participación o podedes comprobar neste enlace da web da organización. Destacamos a vitoria de Roberto na proba de lanzamento de sacho a máis de 20 metros ou a de Fernando & Rodrigo que ficaron subcampións na proba de movemento de marcos.

Aquí compartimos unha galería de imaxes dos nosos participando nas diferentes competicións e doutros socios do Colectivo NÓS que se achegaron para animar e desfrutar dunha divertida tarde rematada coa programación de concertos da Festa da Sementeira 2016.

Si o vindeiro ano tedes ocasión de acudir ou participar, non dubidedes en facelo!