O pasado sábado 20 de febreiro desfrutamos dunha grande xornada de confraternización coa afección do Eibar en Vigo aproveitando que o equipo euskaldún xogaba contra o Celta en Balaídos esa noite ás 22:05 horas. O resultado do partido foi estupendo cunha vitoria por 3-2 acadando a 6ª posición na táboa clasificatoria da Liga.

Dende o Colectivo NÓS, polo ben que nos trataron na ida en Eibar, devolvémoslle na previa do partido o bo trato recibido aos amigos da Gurbil, sede da peña Eskozia La Brava, cun cocido para xantar e unha longa tarde-noite de ruta polas inmediacións de Balaídos.