O sábado 16 de xaneiro organizamos un xantar cocido na previa do Celta-Levante que se desputaba no estadio de Balaídos ás 18:15 da tarde. Arredor dunha veintena de socios do Colectivo NÓS acompañados de varios celtistas da peña Porcos Celtas demos boa conta dun cocido reservado no Mesón Anduriña en Castrelos.

Rematado o xantar aínda fixemos parada nalgún bar da Avenida Portanet camiño de Balaídos e na AVC Val do Fragoso saudando aos veciños de bancada da Peña Sempre Pahiño. Con isto cumprimos a tradición viguesa de xantar cocido polo San Mauro. Veremos si a cumprimos de todo cunha nova xuntanza polo San Bráis.