Un pequeno grupo de socios do Colectivo NÓS viaxou o domingo 19 de abril ata Eibar para alentar en Ipurúa ao Celta xunto con celtistas das peñas Esmorga Celeste, Irmandiños, Comando Celta, Burgalegos e Carcamáns, celebrando na bancada visitante a vitoria do equipo por 0-1 que certifica matemáticamente a salvación e achega ao soño de disputar clasificación para competir en Europa.