logo

Hai hoxe dous anos dende que este proxecto de Colectivo NÓS comezou a súa andaina oficialmente, aínda que fora uns meses antes, a salvación do 4,06% entre outras causas o que o inspirou. Dous anos de vida de NÓS oficialmente pero moitos máis de celtismo nos seus membros có pelexo xa curtido en mil leas coas súas ledicias e os seus desenganos.

Dende os comezos sempre defendemos que o Colectivo NÓS tiña que ser algo máis que unha peña futbolística e con esa idea naceu. O celtismo é o que une aos seus membros e a auténtica razón de existir, a máis o espírito galeguista e a defensa dos seus ideáis tiñan que estar presentes no corazón e na alma do colectivo, como estaban presentes no Celta como institución e nos seus siareiros como pobo esperto alá pola sua fundación no 1923. Non debemos esquecer nunca que o Celta foi fundado por un grupo de galeguistas, xente boa e xenerosa, e con esa teima de recuperar ese espírito e ese orgullo do noso estamos. Danos ledicia ver como cada vez son máis peñas as que toman conciencia e se posicionan claramentente defendendo estes valores sen complexo algún, ao mesmo tempo que o clube da pasos nesta dirección paseniñamente.

Aquel 16 de Setembro do 2013 oficialmete celebrábase a Asamblea Constituínte do colectivo no auditorio do parque de Castrelos. Data non escollida ao chou, xa que se fixo coincidir con varios acontecementos:

  • Dunha man o Celta debutaba na liga 2013/2014 fronte ao Athletic Club, inaugurando o novo San Mamés, deixando para a historia que nós fomos os primeiros en estrear as porterías do novo campo. Qué millor ‘rival’ que contra os vascos, equipo referente do pobo de Euskal Herria, con tantas semellanzas có noso para comezar a dar pasiños coma colectivo.
  • E noutra man coincidía co 80 aniversario do IX C.N.E. (Congreso de Nacións Europeas), organismo da Sociedade de Nacións, celebrado en Berna do 16 ao 18 de Setembro de 1933, onde por primeira vez se recoñecia a Galiza como nación tendo voz propia en Europa.

Nestes escudoCastelaodous anos non podemos estar máis que orgullosos do crecemento do Colectivo NÓS. A familia celtista recibíunos cunha aperta sendo un referente na bancada. Tivemos presenza en case tódolos desprazamentos polo Estado español adiante, arroupando aos nosos baixo a choiva e o sol. Tivemos xornadas de confraternización coas peñas celtistas e non celtistas doutras localidades, e medramos día a día en número de socios/as, xente que se achegou a NÓS porque queren pertencer a este proxecto polo que representa. Buscamos calidade e non cantidade, por iso non facemos campañas de captación, pero informamos a todo aquel que o desexe. Non queremos ser mellores nin peores, tan só queremos ser NÓS, firmes e comprometidos cos nosos ideáis: celtismo e galeguismo.

Por iso dende aquí, neste segundo aniversario queremos parabenizar aos nosos socios/as e colaboradores, tanto aos que xa non están coma aos actuáis, e aos que de seguro virán a formar parte desta familia, para que continúen firmes no noso propósito de sementar celtistas polo país sendo galegos comprometidos.

Por moitos aniversarios máis. Moitas grazas de corazón, sen vós non sería posible.

—-

Rematamos en forma de anhelo coas verbas que Plácido R. Castro, membro do Partido Galeguista, pronunciou en Berna hai hoxe 82 anos no Congreso de Nacións Europeas:

Calqueira que sexa o réxime político no que Galiza viva, a nosa Terra, autónoma ou non, está xa proclamada moralmente como unha nación.