Exiles Football Club

Exiles Football Club no ano 1903

Está extendida a errada teoría de que na sureña provincia de Huelva atópase o berce do fútbol no estado español. Errada porque, aínda que o daquela coñecido football chegara da man dos ingleses que explotaban as Minas de Riotinto, outros ingleses traballadores do Cable Inglés tamén o introduciran ao mesmo tempo na Galiza polo porto de Vigo. Eses traballadores fundaron en 1876 o Exiles Cable Football Club na cidade olívica, o primeiro clube de fútbol fundado na península ibérica, 2 anos antes que o Rio Tinto Football Club, considerado alén do Padornelo como o precursor do fútbol español, e moitos anos antes da fundación dos primeiros equipos en Portugal.

Deste xeito a cidade de Vigo convertíuse na capital do deporte e berce do fútbol na Galiza, sede do equipo históricamente máis representativo desta terra, o Real Clube Celta, que leva as cores da bandeira galega pola vontade dos seus fundadores que pretendían en 1923 crear un equipo no que tódolos galegos se identificaran e que se convertira na nosa primeira selección partindo da fusión do Vigo Sporting e Fortuna, equipos herdeiros do legado do Exiles. Novamente abrindo camiño, coma primeiro equipo galego en xogar na Primeira División ou coma primeiro equipo galego disputando competicións europeas, ou incluso en gañar un título internacional.

O descoñecemento e a deturpación interesada dende outros lares da nosa historia ocasiona que con frecuencia non valoremos o noso pasado que moi pouco ten que envexar do que nos venden e desinforman os grandes medios que traballan en pro dos intereses desas grandes multinacionáis en que se convertiron algúns equipos de fútbol.

Afouteza e corazón ou orgullosos dos nosos son algúns dos lemas que nos últimos tempos clubes coma o Celta, ou incluso a sua afección, enarbolan coma estandarte para fixar no chan os pés ante unha ilusión desbocada que emana dos bos resultados deportivos, sen perder a perspectiva do camiño e sufrimentos percorridos durante moitos anos ata o presente cuns alicerces que comezaron nun campo de terra achandado por uns ingleses exiliados na nosa terra en 1876.

Sempre orgullosos do noso, sempre co Celta.

——–

(*) Artigo foi publicado no libro da comisión das Festas de San Miguel de Oia 2015 como contribución a petición dos organizadores, oportunidade que o Colectivo NÓS aceptou e participou. Agradecemento polo convite a Miguel Valverde Alonso.