Esta tempada o Colectivo NÓS estreámonos no XVIII Torneo de Fútbol 11 de Peñas do Celta, organizado pola Federación de Peñas do Celta, e do que se disputará a primeira fase clasificatoria durante a mañá do próximo venres festivo 20 de marzo, e no que se confrontarán varias decenas de peñas de toda a xeografía galega.

O equipo do Colectivo NÓS estará encadrado no Grupo E xogando no campo de fútbol de Chapela, onde enfrontarase en tres partidos de 40 minutos cada un coas peñas Hugo Mallo, Centolos Celestes e Peña Celtista A Ría. cos seguintes horarios:

Horario torneo de peñas 2015

Horario torneo de peñas 2015

A participación do Colectivo NÓS no torneo cunha equipaxe propia é grazas a colaboración e patrocinio da empresa Cervexa NÓS, un pequeno productor de cervexa artesanal, que aceptou esponsorizar ó noso equipo e axudando a financiar o gasto das prendas.